23/11/11

POEMATIZA II


O vindeiro xoves 1de decembro, e dentro do ciclo POEMATIZA, Xornadas de estudo e debate sobre a relación entre a poesía e o poema e os retos abertos perante a teoría literaria polas prácticas textuais contemporáneas, contaremos coa presenza da poeta ESTÍBALIZ ESPINOSA.


O debate será a partir dos seguintes textos:


/proceso a carne humana/


 Mima a túa intimidade, humano. Que vimos.
 Turbas dispostas a examinar a túa crudité en carne -viva
 demasiado viva- a declamar “cerebro!” todos a un tempo
 humano
 cun candil ata esas túas
 catacumbas do teu cranio
 a reiniciarte mil e unha veces -pero qué
 ti logo qué crías-
 coas súas noites todas dos seus días
 que vimos moi, moi dispostos.

 /Calade un pouco. Estades máis bos
 caladiños/

 Pero que crías que era isto. Mira onde queiras:
 un exército armado de poetas
 un universo clonado nun multiverso
 do que, francamente, querida, non quero lembrarme.
 Redeiras nos peiraos da túa memoria descárganse agora
 a túa infancia.
 Downloading, a túa infancia.

 Ricas. Saborosas as infancias. Ñam. Qué adictos que somos.
 Oh, perdoade a carne que nos col
 ga
 en cabal
 ga
 da en versos vellísimos. Podres de nós!
 Non podemos evitalo: prestádesnos tanto:
 así, de perfil e arrepío e canto
 así, entre radioactivos e pitagóricos
 así, sexys, si, melancólicos, tamén
 /tan lendo tan lenda tan lidos
 coa vosa cara de póker sobre unha chea de ósos/
 Humanos, ai, humanos.

 Xa estamos aquí para. Xa viñemos.

 Sorbetes de miolos que estremecen de tolemia. Ai, silicios!
 Estades fodida
 mente
 bos.

Estíbaliz...Espinosa, 2011



| campo de xogos forzas |

Dicimos unha cousa e queremos dicir outra.

Para sobrevivirmos nesta era
con pinta interglacial
sobre este planeta, entre a xentalla esta
convén ter claro que
dicimos unha cousa e queremos dicir outra.

Eu mesmo mentindo devo argumentar.

A pídelle a B a tradución dun libro
págalle por iso
xa que o sexo entre eles é imposible.
B á súa vez encarga a C que o corrixa
por razóns siamesas.
A cousa segue ata o Z
nun moi alfabético armazón.

Onde hai diñeiro hai sexo
onde hai sexo hai intercambio
que abstraemos en diñeiro.
Os cartos significan outra cousa.
Sempre significan outra cousa.
O amor significa outra cousa. Sempre.

Amamos unha cousa e queremos amar outra.
Dicimos todo aquén e no fondo é todo alén.

Mesmo alguén, aquí ben dentro,
entre estas liñas
pode ter alimentado
inxenuas turbias intencións
que non son sexo
e tampouco cartos
-mesmo alguén, aquí ben.
Mesmo alguén-.

These are my twisted words

Dicimos unha cousa e queremos dicir outra
e esa interpretación sen tregua
ese malabarismo sobre abismo
de malentendido en sobreentendido
tacón punta tacón
e volta a nos perder
fainos felices con desesperación
com
pulsivamente humanos.

[Tamén a nosa vida era unha cousa
unha cousa tan mutable
que pillala nun sentido
sería nos beber a luz a coiteladas cuantos]


Estíbaliz...Espinosa, 2011





É tão curioso ter substituído as tintas por essa coisa estranha que é a palavra.
Palavras — movo-me com cuidado entre elas que podem se tornar ameaçadoras; posso
ter a liberdade de escrever o seguinte: "peregrinos, mercadores e pastores guiavam suas
caravanas rumo ao Tibet e os caminhos eram difíceis e primitivos". Com esta frase fiz
uma cena nascer, como num flash fotográfico.

O que diz este jazz que é improviso? diz braços enovelados em pernas e as
chamas subindo e eu passiva como uma carne que é devorada pelo adunco agudo de
uma águia que interrompe seu vôo cego. Expresso a mim e a ti os meus desejos mais
ocultos e consigo com as palavras uma orgíaca beleza confusa. Estremeço de prazer por
entre a novidade de usar palavras que formam intenso matagal. Luto por conquistar mais
profundamente a minha liberdade de sensações e pensamentos, sem nenhum sentido
utilitário: sou sozinha, eu e minha liberdade. É tamanha a liberdade que pode
escandalizar um primitivo mas sei que não te escandalizas com a plenitude que consigo e
que é sem fronteiras perceptíveis. Esta minha capacidade de viver o que é redondo e
amplo — cerco-me por plantas carnívoras e animais legendários, tudo banhado pela tosca
e esquerda luz de um sexo mítico. Vou adiante de modo intuitivo e sem procurar uma
idéia: sou orgânica. E não me indago sobre os meus motivos. Mergulho na quase dor de
uma intensa alegria — e para me enfeitar nascem entre os meus cabelos folhas e
ramagens.

Não sei sobre o que estou escrevendo: sou obscura para mim mesma. Só tive
inicialmente uma visão lunar e lúcida, e então prendi para mim o instante antes que ele
morresse e que perpetuamente morre. Não é um recado de idéias que te transmito e sim
uma instintiva volúpia daquilo que está escondido na natureza e que adivinho. E esta é
uma festa de palavras. Escrevo em signos que são mais um gesto que voz. Tudo isso é o
que me habituei a pintar mexendo na natureza íntima das coisas. Mas agora chegou a
hora de parar a pintura para me refazer, refaço-me nestas linhas. Tenho uma voz. Assim
como me lanço no traço de meu desenho, este é um exercício de vida sem planejamento.
O mundo não tem ordem visível e eu só tenho a ordem da respiração. Deixo-me
acontecer.

Clarice Lispector, 1973, fragmento de Água Viva




02/11/11

POEMATIZA-I



O vindeiro xoves 17 de novembro, e dentro do ciclo POEMATIZA, Xornadas de estudo e debate sobre a relación entre a poesía e o poema e os retos abertos perante a teoría literaria polas prácticas textuais contemporáneas, contaremos coa presenza do crítico, e profesor da Universidade da Coruña, LUCIANO RODRÍGUEZ.




As xornadas celebraranse ao longo do curso. O asunto a tratar derivará sempre da lectura previa dun texto non moi extenso, ben teórico, ben creativo, a partir do que cada un dos participantes elaborará un guión de discurso. Os convidados terán como encarga a escolla do texto obxecto de reflexión, que poderá ser tanto un texto propio como alleo, tanto un texto creativo como crítico, e aportarán inicialmente só unha breve exposición sobre as razóns que os levaron a esa escolla e as claves que perciben nese texto. Tamén serán os encargados da condución do debate. 

O debate do vindeiro xoves será a partir dos seguintes textos:


"Como se pinta un dragón" de José Ángel Valente [descargar]


"Isto" de Fernando Pessoa [descargar]








03/09/11

Presentación de "Que lle podo ofrecer a quen me intente. Homenaxe a Lois Pereiro"

Na páxina web da televisión da Universidade de Vigo pódese seguir o desenvolvemento completo do acto que, so o título de Vento Lois: homenaxe a Lois Pereiro, tivo lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo o 12 de maio de 2001 e que serviu de presentación do volume Que lle podo ofrecer a quen me intente. Homenaxe a Lois Pereiro.
http://tv.uvigo.es/gl/serial/1082.html

29/05/11

Presentación do libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán

O pasada venres 27 foi presentado en Vigo o volume de estudos Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, coordinado polos profesores Camiño Noia e Manuel Forcadela, membros do GAELT, e publicado por Edicións Xerais de Galicia.
O acto, que foi presentado por Mónica Bar Cendón, contou coa participación de Camiño Noia, Manuel Bragado, Iolanda Veloso e do guitarrista Tony D'arco e foi celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións Mar de Vigo. Asistiron arredor de cento cincuenta persoas.
A prensa deu conta do acontecemento en

03/05/11

Presentación do libro homenaxe a Lois Pereiro


O pasado xoves día 12 de maio
ás 12 h, no Salón de Actos da FFT da Universidade de Vigo
presentouse o libro
Que lle podo ofrecer a quen me intente?
Monográfico Lois Pereiro
publicado por Edicións Xerais de Galicia e
elaborado polo GAELT
baixo a coordinación de Anxo Angueira e Teresa Bermúdez
O Diario da Universidade de Vigo (DUVI) deu conta do acontecemento.


20/03/11

Seminario de Traballo con Iolanda Zúñiga

O pasado xoves, 14 de abril de 2011,

ás cinco da tarde, 17 h,

na aula A4-A da Facultade de Filoloxía e Tradución

da Universidade de Vigo

e organizado polo GAELT

(Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía)

celebrouse o Seminario de Traballo con Iolanda Zúñiga

Arredor do seu libro Periferia 2010, Ed. Xerais de Galicia

11/03/11

Seminario de Traballo con Dolores Vilavedra



O pasado xoves, 17 de marzo de 2011,
ás cinco da tarde, 17 h,
na aula A4-B da Facultade de Filoloxía e Tradución
da Universidade de Vigo
celebrouse o
SEMINARIO DE TRABALLO CON DOLORES VILAVEDRA
arredor do seu libro
A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica dende 2010, Ed. Galaxia


Seminario de Traballo con Antón Figueroa











O día 17 de febreiro de 2011, de 5 a 8 da tarde na aula A6 da FFT

organizado pólo GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía)

tivo lugar un obradoiro-seminario impartido polo profesor da Universidade de Santiago Antón Figueroa baixo o título

Ideoloxía e autonomia no campo literário galego

O formato foi o de grupo de traballo e convidamos a toda a comunidade universitaria e investigadora interesada.

Recomendouse botarlle antes un ollo ao libro de Antón Figueroa, Ideoloxía e autonomía no campo literario galego, xa que despois dunha breve presentación, iniciouse unha quenda de preguntas que tivo como referente este libro.