22/10/13

As relacións entre o imaxinario literario e o imaxinario nacional na literatura galega contemporánea

Un novo libro da colección iBroLiT (Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía)
do grupo GAELT estará disponíbel en breve na editora Frank&Timme (Berlón, R.F.A.):
Manuel Forcadela: Dama Saudade e o Cavaleiro Sombra. As relacións entre o imaxinario literario e o imaxinario nacional na literatura galega contemporánea. ISBN 978-3-86596-493-9.

13/10/13

Con barqueira e remador. II Obradoiro Internacional de Tradución Poética

Do 14 ao 19 de outubro realizarase a segunda edición do obradoiro internacional de tradución poética, "Con barqueira e remador" na illa de San Simón. En colaboración cos grupos de investigación BITRAGA e GAELT, da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, realizarase o xoves 17 outubro, ás 19:30 horas, unha mesa redonda co título CERCANDO AS ONDAS. Tradución poética en mans de poetas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, Vigo). 


Poetas que participan: 
Gökçenur Ç (Turquía), Kätlin Kaldmaa (Estonia), Xuan Bello (Asturias), Samira Negrouche (Alxeria), Lawrence Schimel (EE.UU.), Anna T. Szabó (Hungría) e Isaac Xubín (Galicia).

04/10/13

Conferencia sobre literatura mozambicana



msaho: danza orquestral acompañada de canto.

dança orquestral acompanhada de canto

msaho In Infopédia [Em linha]. Porto: Porto Editora, 2003-2013. [Consult. 2013-10-04].
Disponível na www: <URL: http://www.infopedia.pt/lingua-portuguesa/msaho>.

Cremildo Bahule, é ensaísta, escritor e asesor editorial en Ndjira – Sociedade Editorial. É Mestrando en Lingüística na Universidade Eduardo Mondlane. Publicou o ensaio Carlos Cardoso – Um poeta de consciência profética (Alcance Editores, 2010) e Literatura Feminina, Literatura de Purificação: O Processo de Ascese da Mulher na Trilogia de Paulina Chiziane (Ndjira, 2013). Participou como investigador, ao abeiro da «Unión Latina», nun proxecto de pesquisa e recolla das tradicións orais autóctonas de Mozambique. O proxecto deu lugar á publicación do libro Multiculturalidade e Plurilinguismo: Tradição oral e educação plurilingüe na África central e austral e ao web Contafrica, onde se encontra o material compendiado nas linguas orixinais e traducido tamén para o portugués, español e francés. Foi investigador asociado da «Unidade de Diagnóstico Social» do Centro de Estudos Africanos da Universidade Eduardo Mondlane, facendo un estudo da relación entre a música popular moçambicana e as línguas autóctonas, co apoio da Fundação Ruth First, e do que naceu a obra: Kudumba Ka Vana Va Ndota: A música como uma plataforma de preservação da língua – (Um) diálogo sociolingüístico sobre a estética musical de Ghorwane (actualmente no prelo). Publicou, en 2011 Babalaze – A outra margem da verdade, entrevista ao rapper mozambicano Azagaia, e colaborou na obra Samora Machel – História de uma vida dedicada ao povo moçambicano, editada polo Instituto de Investigação Sócio-cultural. Em 2012, editou tamén o libro de poesia Caligrafias – Liricismo naïf, no I Encontro Internacional do Livro em Cartão realizado em Maputo. Actualmente, é investigador independente e está a desenvolver unha pesquisa sobre a idea da “mestizaxe mozambicana” partindo da construción polifónica e do relato do discurso na ficción narrativa de Paulina Chiziane e a “converxencia entre bilingüismo, literatura e dereitos humanos”. Neste momento é convidado do programa de Residencias para Escritores e Escritoras, da editorial Axóuxere, co apoio do Concello de Rianxo.
 

Máis información sobre o conferenciante: