04/12/13

Tese de doutoramento sobre Rompente

O martes, 17 de decembro, Alberto Valverde Otero, investigador de GAELT, defenderá a súa tese de doutoramento titulada
Elementos para a descrición e análise da vangarda no final do século XX na Galiza: 
o grupo Rompente (1975-1983),
dirixida por Burghard Baltrusch. 

A defensa pública terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, a partir das 11:00 horas.

Tribunal: Prof. Antón Figueroa Lorenzana (Universidade de Santiago de Compostela), Profa. Helena González Fernández (Universitat de Barcelona), Profa. María do Cebreiro Rábade Villar (Universidade de Santiago de Compostela).

Publicacións previas de Alberto Valverde Otero:
  • “A performance en Rompente”, Anuario de estudios literarios galegos 2004, 96-105.
  • “A linguaxe performática en Antón Reixa, Adolfo Luxúria Caníbal e Arnaldo Antunes”, en Soldando Sal – Galician Studies in Translation & Paratranslation, ed. por Burghard Baltrusch e Gabriel Pérez Durán, Múnic: Meidenbauer/Peter Lang 2010.
  • “As relacións interartes en Lois Pereiro“, Grial 190, 2011, 120-127.
  • “A paratraducción do proletariado na poesía galega dos setenta”, Boletín galego de literatura 45, 2011, 255-278.
  • “A linguaxe underground en Lois Pereiro”, en Qué lle podo ofrecer a quen me intente? : monográfico Lois Pereiro, ed. por Anxo Angueira e Teresa Bermúdez, Vigo: Xerais 2011.